Se adjunta aquí contenido del email recibido desde el Área de Benestar de la Deputación de Ourense.

«A Deputación de Ourense a través de Área de Benestar convocou 10 prazas para o Programa Europeo de Mobilidade cuxo prazo de solicitudes péchase o 20 de maio de 2015.

Dende o inicio en 2008 viñéronse desenvolvendo experiencias de mobilidade polas que máis de 560 titulados universitarios tiveron a oportunidade de participar nun tipo de proxecto configurado como unha política activa de emprego dirixida á mellora da empregabilidade dos participantes nesta.

O Programa ofrece un plan integrado de estancias e prácticas profesionais en empresas de países pertencentes á Unión Europea e está financiado exclusivamente con fondos propios desta Institución.

A finalidade perseguida é mellorar a cualificación dos titulados universitarios e facilitar a súa posterior inserción no mercado laboral, garantindo ademais a aprendizaxe avanzada dunha lingua estranxeira como idioma de traballo.

O Programa inclúe: billete de avión de ida e volta, preparación lingüte;stica no país de destino, organización de prácticas profesionais nunha empresa seleccionada en atención á titulación académica do/a beneficiario/a, tutorización de estancias laborais, aloxamento e seguro de enfermidade e accidentes.

Pode consultar toda a información sobre o acceso a este programa na dirección http://becasinternacionais.depourense.es»

Suerte!!!!!!

Listado de otras becas publicadas y ofertas de trabajo.